Empresa

GRAFISANT (GRAFICAS SANTIAGO, S.L.) é unha imprenta con máis de 30 anos de antigüidade instalada no Polígono do Tambre en Santiago. Especializada en impresión offset, nas nosas instalacións dispoñemos non só de máquinas de impresión, senón tamén de plegadoras, retractiladoras, alzadoras, grampadoras… que nos permiten realizar traballos a prezos competitivos que outras empresas deben contratar externamente.

Dentro da nosa carteira de clientes atópanse tanto empresas privadas coma organismos públicos que confían en nós dende o inicio en 1989.